DIARIO DE GRAVACIÓN

DIARIO DE GRAVACIÓN.
sexta feira, 28 de novembro de 2014.

Hoxe andamos a recoller e a preparar as cousas que temos que levar ós estudios Pousada Son. Mañán, sábado 29 de novembro, ás 10.30 da mañán comezamos a gravación do noso décimo traballo discográfico.

Estaremos producidos, ó igual que no recenté “Némesis”, por Iago Pico e imos gravar 14 cancións.

A nosa intención é facer un disco optimista e fresco e que veña a darlle unha volta de folla ó apocalíptico “Némesis”.

A idea de facer este traballo tan encima da saída do anterior disco ven motivada polas nosas ganas de darnos o mellor autoagasallo do mundo e tamén un feixe de osíxeno para seguir adiante na nosa maneira de entender a música. E tamén, probablemente, como a celebración persoal, íntima e “privada”, xa que nós non che somos moito de festas-celebracións, de meternos nun estudio 20 anos despois de comezar a ensaiar e a facer cancións con esta teima de ruxe-ruxe aínda que oficialmente ben sabemos que o debut de ruxe-ruxe sobre as táboas dos escenarios do país foi no 96.

Será un traballo intenso pois queremos gravar de maneira ininterrumpida ata ter todo feito, aquelado e ben reaquelado e así poder enviar canto antes todo a fábrica.

Ó mesmo tempo Jairo Iglesias, da man de Pixel Fims, irá recollendo material e rematando a documental sobre ruxe-ruxe na que ven traballando dende fai uns meses e se todo vai sobre o previsto moi pronto vos daremos datas de presentación do disco e tamén a data de estrea do documental nun cine de Compostela.

Daquela contamos con vós …

e nós sempre agradecidos !!!

Comezamos a traballar. A ver que tal sae o resultado.

Seguiremos informando de cómo vai o proceso. 

Sempre adiante !!

XX ANOS DE BRAVÚ

  Comezamos a tocar no 95 aínda que o primeiro concerto “oficial” co nome de ruxe-ruxe foi no 96 na Serra de Outes. Faciamos versións de grupos que nos molaban ata que caemos na conta de que nos era máis doado facer temas propios á nosa maneira e medida que destrozar versións de cancións que nos encantaban e que despois de pasar polas nosas mans quedaban en irremediable desfeita.

En Aríns non se falaba en español. Vaia, iso era bastante obvio pero de certo o que nos empurrou a facer cancións en galego foi escoitar e coller o exemplo de grupos que de súpeto caeron nas nosas mans.

Falábase de bravú. E nós nin eramos nin deixabamos de ser. Nós so admirábamos a aqueles grupos soñando con poder compartir escenarios algunha vez con eles.

E así foi.

E aprendemos deles e compartimos con eles e de moitos ata fomos e somos amigos. E fixemos de banda de Pinto D´Herbón en memorables concertos. E tocamos cos Diplos, cos Rastreros, cos Papaqueixos, cos Túzaros … E xantamos e ceamos con eles e saímos a tomar tróspiros con eles en noites de inesgotable sede. Algúns ensaiaron no noso cortello e absolutamente todos eles teñen un sitio privilexiado no noso estante predilecto de vinilos, cassettes e cds. E por suposto que no olimpo do noso corazón de galeg@s ben orgullosos e ben fachendosos do noso, da nosa cultura e da nosa música.

Que si somos bravú?. Máis quixeramos amighiñ@s que parecernos aínda que so fose unha mighalla a xente á que admiramos tanto.

Vai por eles.

XX de bravú. XX anos non son nada.

HERDEIROS DA DITADURA

No 2013 Dios Ke Te Crew celebraron o seu 10 aniversario e dende ruxe-ruxe andabamos coa idea de facerlles a nosa homenaxe particular. Pensamos que facer e non se nos ocurreo mellor maneira que versionear “Herdeiros da ditadura”  un dos clásicos da música galega contemporánea. Tamén é certo que fixemos algo de trampa pois xa a tocamos con eles en directo nalgunha ocasión. O caso é que así nos quedou e agardamos que vos guste moito e que sobre todo lles guste a eles 🙂

Por outros 10 dos Dios Ke Te Crew !!! saúde e terra camaradas !!!!

recomendacións

Aquí tendes dous grupos cos que compartimos escenario neste último verán. Dúas bandas novas que son exemplo do que se está a cocer na música galega nos últimos tempos.

BORDERLINE79 estoupan en universos evocadores e co pouso do rock pesado, de factura fermosa e feita a golpe de calidade e talendo firmando un primeiro traballo discográfico que nos atrapou totalmente deixándonos con ben ganas de ver cara onde camiñan nun futuro musical que vaia se promete. En directo demostran que o rock do país está de celebración e de noraboa coa forza e talento que traen os que veñen dende atrás dando leña e construíndo cancións caralludas. 

SUPEROITO son tres que andan no punk rock e que destilan enerxía, honestidade e cancións que che deixan pegañento coma cando se che cae sobre a pel un bo likor de herbas. Son rockeiros e trepidantes e falan da vida dende Ordes. O seu disco é un agasallo de festa punk-rokeira e no seu directo encantáronos.

Recomendados quedan aquí por uns servidores. Escoitádeos e disfrutádeos 🙂 

grzs Rianxo !!!

Espectacular o ambiente onte no Rock in Rian en Rianxo.

Parabéns á organización. Á xente da Guadalupe, a Roxo, á xente do equipo de son, ás bandas que estiveron espectaculares.

A Forraje, contundentes e meténdonos as mans nas tripas cos seus himnos costumistas e cheos de vida e sentimento. A Medomedá, rockeiros e festeiros, máis sólidos ca nunca e contaxiando vida, sorriso e momentos de ilusión colectiva que non teñen prezo nestes tempos que corren. E a Dios ke te Crew fantásticos e acoitelándonos palabra a palabra, argumento a argumento, punto a punto e coséndonos as feridas coa súa sobresaínte calidade propia dunha das mellores bandas que deu a historia deste noso país. E que decir de poder compartir con eles esa “Sempre Adiante” que un día nos regalaron e que sempre nos pon os pelos de punta. Q honra para nós poder tocala e compartila outra vez con eles en directo.

Pois si, son palabras para o agradecemento que cando toca toca.

Mil primaveras máis para o Rock in Rián e xa con ganas de voltar a ese escenario cando a situación nolo requira e ogallá sexa pronto.

Pero sobre todo grzs á xente que enchestes os concertos e que volvestes a demostrar unha vez máis q os festis deste país vaia se funcionan e son un exitazo cando as cousas se fan ben.

Mil primaveras máis ou dúas mil.

Do pogo que vimos dende o escenario ó longo do concerto mellor nin falar. Menudo alucine.

Grzas xente !!  🙂

Billy Bragg

E da outra esquina chegaban cancións.

Eran días nos que as xentes perdían a fé e cada quen corría en busca dun pau frotando ó que agarrarse para tentar non ir ó fondo. Os océanos xa nunca máis estarían en calma e o sol queimaba a pel incluso nos días de choiva e frío.

Acordes e palabras. Días pasados, días por descubrir e centos de sentimentos latexando e por latexar.

E debaixo da súa gorra e coa súa guitarra acústica Billy Bragg facéndose vello.

Marabillosamente vello ¡!  Mellor dito.

andamos a ensaiar

Andamos a ensaiar.

O venres 13 fai exactamente 12 anos que tocamos en Rianxo por primeira vez nunha Guadalupe. Viñamos de sacar “a terra dos comentos” 🙂 e estabamos con toda a ilusión de ensinar aquelas cancións polo mundo adiante. E si !!  foi tamén un sábado 13 de setembro e cunha praza de Castelao ateigada ata as canizas que ben nos acorda. Xa choveu dende aquel 2002 pero as ilusións continúan intactas. Ademais será unha ocasión ben bonita para voltar a compartir escenario con bandas ás que lle temos moita admiración e respecto. Forraje, Medomedá e Dios Ke Te Crew. Seguro que algunha sorpresa caerá na vindeira noite do sábado 13 no Rock in Rian.

E por certo andamos estes días polos Pousada Son de Iago Pico facendo tres cancións para tres asuntos que tiñamos en débedas … a ver se en 15 días máis tardar somos capaces de ensinarvos xa algo na web. Non prometemos nada pero tentaremos darlle duro para que así sexa así que atent@s.

E despois do 13 entramos de cheo a arranxar as cancións do novo disco de ruxe-ruxe que queremos que vexa a luz a primeiros de 2015. Estamos con ganas e ilusionados.

Seguimos a ensaiar ¡!!! 🙂

Zënzar no Festival do Castro

Aló foi o Festival do Castro… aínda estou a recuperarme hoxe. Foi unha experiencia caralluda poder compartir momentos cunha banda que, aínda que levan máis de 25 anos bourando, manteñen a forza e ilusión do primeiro dia. Apenas un par de ensaios con eles, horas de furgoneta e concerto valeron para aprender moito.Volver a Pantón ao Festival do Castro sempre mola, xa lle gardaba bos recordos de cando fomos cos RX-RX o ano pasado e agora aínda máis. Quedei abraiado polas mostras de cariño que deu a xente por Zënzar e Ruxe-Ruxe. A pesar de saírmos de madrugada para pechar o escenario principal, todos estaban alí para cantar himnos como “Dalle” ou “Tiven un Bar”. Foi enorme a acollida que recibimos do público.
Agora volta á realidade despois de ser parte da Tribu por un dia. Gustaríame darlle as grazas aos Zënzar por contar conmigo para a dificil tarea de cubrir a Mario Grela e porque son unha xente caralluda. Á organización do Festival do Castro polo excelente trato. Ao Reverendo, a Roi, a Xenderal e Ares polos momentos compartidos enriba e debaixo do escenario. Aos Diplomáticos de Montealto por facerme disfrutar dun gran concerto bravú, e dende logo a toda a xente que estivo alí aguantando ata o final para apoiar á banda. 
…por certo, estade atent@s que Zënzar xa andan a traballar arreo nun novo disco, algo escoitei e son temazos! 25 anos máis para os Padriños!