CANCIÓNS CEIBES

Despois de moito traballo e moita ilusión aquí vos presentamos o 1º adianto do noso novo disco … 🙂 … presentarémolo en directo o 18 de abril na Capitol acompañados polos BIRIBIRLOCKE … e dende hoxe temos as entradas á venda en Compostela no BARTOLO, A REIXA TENDA e MIRANDA … e tamén en www.ruxeruxe.com … grzs por estar aí … esperamos que vos guste !!!

DIARIO DE GRAVACIÓN_día_11

DIARIO DE GRAVACIÓN.
Día 11. Quinta feira 11 de decembro.

Na quinta acabamos as sesións de gravación do disco.

Dende as 11.00 ata as 19.00, con lóxico parón para meternos unha pequena churrascada que non impedira cantar despois, Iago e Vituco andiveron a darlle os derradeiros retoques a unhas voces que quedaron ben bonitiñas.

As cancións deste disco precisaban matices un tanto diferentes ó feito polos ruxe ata o de agora e houbo que tomar a gravación de voces con certa calma e buscando o punto xusto en cada canción. Pensamos que  quedaron moi pero que moi ben poñéndolle ó disco a guinda final. E por certo., que chulas son as letras deste traballo. Xa veredes. 🙂

Ademais onte tivemos a visita de Paino e de Tomás Ageitos que viñeron a saudarnos a Pousada e despois no churrasco cadramos con eles e con Chus Silva, que foi técnico noso durante un tempo, co que tivemos un momento de xantar ben curioso e divertido.

Agora si …

comezamos as mesturas … nuns días contámosvos máis e tamén comunicaremos a data de saída do disco e a data de presentación.

O 2015 promete 🙂

apertazas ghrandes xente !!! 

DIARIO DE GRAVACIÓN_día_10

DIARIO DE GRAVACIÓN.
Día 10. Martes 9 de decembro.

Pois si, xa estamos chegando ó final da gravación. Este martes gravamos os coros. Sesión de tarde con Miguel, Carlos, Xan, e Sevi diante do micro e con Iago e Vituco detrás da mesa. 14 cancións son moitas e aínda dan de si para botarlle unhas boas berradas así que cundiu un montón a sesión de coros.

A gravación dos coros nos discos de ruxe sempre é momento de leria, de moitas risas e de ambiente festeiro. Catro tipos ouveando á vez ten o seu aquel de divertimento e hoxe abofé que foi así ó longo das case que catro horas que estivemos en Pousada.

E quedaron moi pero que moi ben e dánlle ás cancións moita enerxía e moi bo rollo e ademais andiveron afinadiños así que todo de luxo.

Vamos, que tarde de disfrute total.

E agora xa toca ir rematando gravación e será entre hoxe e mañán con Vituco repasando algunhas das cantadas e afianzando uns temas que aínda non estaban totalmente niquelados.

E con iso gravación rematada. 🙂

Despois a comezar as misturas …

Mañán xa vos seguimos contando !!!

apertas ghrandes queridinh@s !!

DIARIO DE GRAVACIÓN_día_9

DIARIO DE GRAVACIÓN.
Día 9. Luns 8 de decembro.

Neste día 9 de gravación adicámonos a rematar as guitarras. Levounos a mañán e así a tarde deixámola libre que boa falta facía un pouco de descanso para os ouvidos. 

Miguel fixo arranxos a esgalla e algún solo e as cancións quedaron fantásticamente vestidas de guitarras. Tocáronse xa co son definitivo que van levar no disco. Practicamente todo co Bogner e algo cun Orange. E todas coas Les Paul Classic a Les Paul Custom e unha Fender Telecaster vella. Xa vos dixemos que a idea é a de acadar un son moi directo e con pouco artificio. A verdade é que as guitarras quedaron moi pero que moi ben e xa fan que a grvavación comece a soar a disco.

Resumindo: excelente traballo de guitarras 🙂

Hoxe martes faremos os coros e daremos por rematado o traballo de gravación para comezar coas mesturas. Aínda que probablemente faremos algunha sesión a maiores para regravar algunha cousa que vexamos que é mellorable ou algo que botemos en falta.

Continuamos e cada vez máis ilusionados vendo o resultado.

O novo dos ruxe está ó caer 🙂

apertas amighiñ@s !!!