Andamos a ensaiar.

O venres 13 fai exactamente 12 anos que tocamos en Rianxo por primeira vez nunha Guadalupe. Viñamos de sacar “a terra dos comentos” 🙂 e estabamos con toda a ilusión de ensinar aquelas cancións polo mundo adiante. E si !!  foi tamén un sábado 13 de setembro e cunha praza de Castelao ateigada ata as canizas que ben nos acorda. Xa choveu dende aquel 2002 pero as ilusións continúan intactas. Ademais será unha ocasión ben bonita para voltar a compartir escenario con bandas ás que lle temos moita admiración e respecto. Forraje, Medomedá e Dios Ke Te Crew. Seguro que algunha sorpresa caerá na vindeira noite do sábado 13 no Rock in Rian.

E por certo andamos estes días polos Pousada Son de Iago Pico facendo tres cancións para tres asuntos que tiñamos en débedas … a ver se en 15 días máis tardar somos capaces de ensinarvos xa algo na web. Non prometemos nada pero tentaremos darlle duro para que así sexa así que atent@s.

E despois do 13 entramos de cheo a arranxar as cancións do novo disco de ruxe-ruxe que queremos que vexa a luz a primeiros de 2015. Estamos con ganas e ilusionados.

Seguimos a ensaiar ¡!!! 🙂

Deixar unha resposta

*