SHANE MACGOWAN
“Shane MacGowan”, é unha canción feita con todo o cariño, amor e admiración para o inesquecible Shane e ese seu monllo de puñais emocionais que nos deixou para sempre coas súas composicións. RUXE RUXE dende Aríns (Compostela-Gz) e Brian Brody dende Dublín desexamos de corazón que vos guste moito e que celebredes con nós esta homenaxe á memoria, á honra e a música do noso amado Shane.
………………….
“Shane MacGowan”, is a song made with all the affection, love and admiration for the unforgettable Shane and his many emotional daggers that left us forever with his compositions. RUXE RUXE from Aríns (Compostela-Gz) and Brian Brody from Dublin, we wish from the bottom of our hearts that you will like it very much and that you will celebrate with us this tribute to the memory, the honor and the music of our beloved Shane.
Gravada por Kaki Arkarazo nos Gárate Studios en Andoain (Gipuzkoa-Euskadi) con adaptación da letra ao inglés por Marta Portela. Video na Casa das Crechas, en Compostela, gravado e feito por Alberto Lora.
Xa dispoñible en tódalas plataformas
PRESENTAMOS O NOVO DISCO O SÁBADO 25 DE MARZO NA CAPITOL
presentación en Compostela do dsico tributo “25 ANOS RUXINDO”
exposición RUXE RUXE 1996 – 2021: 25 ANOS DE UNIVERSO GRÁFICO
Dende a estrea do seu recoñecido logo nos inicios do grupo en 1996 ate os últimos deseños do disco “O estraño falar dun monstro da aldea” (2020), Ruxe Ruxe sempre coidou a imaxe gráfica do seu traballo coa complicidade de deseñadores, fotógrafos ou debuxantes que souberon entender á perfección as súas inquedanzas, dotando todo o seu universo dunha riqueza gráfica de grande valor.
Moitas destas pezas son obra de artistas composteláns, como o creador do logo Javier Iglesias, Pachu M. Torres, Xulio Cé “Arinspunk”, Miguel Duarte ou Javi Bermejo, pero non só, tamén outros grandes como o mítico Grupo Revisión con Pepe Barro á fronte, Carlos Azagra (El Jueves), Diego Pérez “Diebujitos”, Laura Romero ou Raio Díaz (Caramuxo) son parte da historia gráfica dos Ruxe Ruxe.
A arte dos seus case 20 traballos discográficos, cartelería de infinidade de concertos, as súas icónicas camisolas, ilustracións, deseños web, videoclips animados, chapas, revistas, esculturas, artesanía, pegatinas e ata tatuaxes recompilados ao longo de 25 anos, forman unha colección que convén revisar e reivindicar pola singularidade artística e o valor contracultural de todo este universo xerado arredor dunha banda.
Nesta exposición atopamos unha pequena mostra desta inmensa colección, a celebración en imaxes do 25 aniversario dos Ruxe Ruxe.