Aló foi o Festival do Castro… aínda estou a recuperarme hoxe. Foi unha experiencia caralluda poder compartir momentos cunha banda que, aínda que levan máis de 25 anos bourando, manteñen a forza e ilusión do primeiro dia. Apenas un par de ensaios con eles, horas de furgoneta e concerto valeron para aprender moito.Volver a Pantón ao Festival do Castro sempre mola, xa lle gardaba bos recordos de cando fomos cos RX-RX o ano pasado e agora aínda máis. Quedei abraiado polas mostras de cariño que deu a xente por Zënzar e Ruxe-Ruxe. A pesar de saírmos de madrugada para pechar o escenario principal, todos estaban alí para cantar himnos como “Dalle” ou “Tiven un Bar”. Foi enorme a acollida que recibimos do público.
Agora volta á realidade despois de ser parte da Tribu por un dia. Gustaríame darlle as grazas aos Zënzar por contar conmigo para a dificil tarea de cubrir a Mario Grela e porque son unha xente caralluda. Á organización do Festival do Castro polo excelente trato. Ao Reverendo, a Roi, a Xenderal e Ares polos momentos compartidos enriba e debaixo do escenario. Aos Diplomáticos de Montealto por facerme disfrutar dun gran concerto bravú, e dende logo a toda a xente que estivo alí aguantando ata o final para apoiar á banda. 
…por certo, estade atent@s que Zënzar xa andan a traballar arreo nun novo disco, algo escoitei e son temazos! 25 anos máis para os Padriños! 

Deixar unha resposta

*