DIARIO DE GRAVACIÓN.
Día 9. Luns 8 de decembro.
Neste día 9 de gravación adicámonos a rematar as guitarras. Levounos a mañán e así a tarde deixámola libre que boa falta facía un pouco de descanso para os ouvidos.
Miguel fixo arranxos a esgalla e algún solo e as cancións quedaron fantásticamente vestidas de guitarras. Tocáronse xa co son definitivo que van levar no disco. Practicamente todo co Bogner e algo cun Orange. E todas coas Les Paul Classic a Les Paul Custom e unha Fender Telecaster vella. Xa vos dixemos que a idea é a de acadar un son moi directo e con pouco artificio. A verdade é que as guitarras quedaron moi pero que moi ben e xa fan que a grvavación comece a soar a disco.
Resumindo: excelente traballo de guitarras 🙂
Hoxe martes faremos os coros e daremos por rematado o traballo de gravación para comezar coas mesturas. Aínda que probablemente faremos algunha sesión a maiores para regravar algunha cousa que vexamos que é mellorable ou algo que botemos en falta.
Continuamos e cada vez máis ilusionados vendo o resultado.
O novo dos ruxe está ó caer 🙂
apertas amighiñ@s !!!