

O 31 de xaneiro presentamos XABRAL, o noso decimocuarto disco longo, e facémolo coa nosa xente, entendendo o rock desde a militancia do pub, como as bandas clásicas ás que sempre admiramos. Pub rock, rock do país, actitude punk e cosmopolita desde o Xabral, no corazón de Aríns, o lugar no que todo acontece, no que nacen as raíces, xermolan os soles e comezan os soños.