14102812_10154201910575129_4344304931302743090_o (1)

suma e segue !!! este verán dounos, aínda se cabe, máis convicción, entusiasmo e ganas de continuar a facer camiño. Despois de 20 anos nunca pensamos en vernos con tantas ganas, tanta enerxía, tanta ilusión e tantas ansias de compartir días con tod@s vós, coa xente dos festis que tan ben nos trata sempre, co resto de músic@s que sempre nos ensinan o bonita que é a música en directo, cos profesionais das producións, equipos de son, escenarios, fotógraf@s, xente de vídeo, etc que pouco a pouco van sendo xa coma unha segunda familia para nós.
Estamos vivindo un momento fascinante do grupo no que todas as xuntanzas para ensaiar, tocar, gravar etc son momentos de celebración, benestar e felicidade e todo iso queremos pensar que se reflexa nos concertos e no traballo que imos facendo. Para nós o verdadeiro éxito é ese. 🙂
Neste verán foi incrible a cantidade de xente que estivo animándonos, compartindo vida con nós diante do palco e dándonos folgos para polo menos outros 20 … e ademais xa temos o disco novo rematado e á espera de mandar á fábrica e pronto vos diremos a data do concerto de presentación. Tamén temos gravados un par de concertos da xira deste verán en video e en audio e a ver se de aí sacamos algo para poder publicar máis adiante, … e temos un feixe de novos proxectos dándonos voltas xa pola cachola … pero pouco a pouco 🙂 !!!
… pero hoxe de maneira especial queremos adicarlle este post ó noso staff, ó equipo de traballo que tanto e tan ben nos coidan polo mundo adiante. Noso agradecemento a Iago, a Fidel, a Nico, a Diego, a Piedra e a Jessi por ser @s máis millores 🙂
e a vós, por suposto, todas as nosas grzs por estar aí e compartir momentos coa nosa música e con nós !!! orgullo de xente e de país !!!!
sempre adiante !!!!

Deixar unha resposta

*