O estraño falar dun monstro da aldea (2020)
01 Sae o sol 3:16
02 O estraño falar 2:03
03 Aríns-Angrois 3:44
04 Lei de vida 2:49
05 Lume na aldea 3:30
06 Estrelas e sereas 4:19
07 Cretino 0:51
08 Doente e afiado 2:55
09 Golpe a golpe 4:30
10 Terra nai 3:56
11 Manicomio 1:01
12 Diaños 4:03
13 San Fins 4:07
Non sabemos se era inverno ou verán. Todo estaba tinguido de verde e a saraiba derretíase baixo o sol dunha fermosa mañá fluorescente mentres o ruxerruxe das “ialmas” boas ouveaba incansable á resistencia. Alí, de súpeto, apareceu o monstro co seu estraño falar. O falar das silveiras das espiñas máis punzantes, dos regatos pequenos de auga e vida, das choivas e caldeiros dos ventos furacanados. O falar das raíces que se retorcen contra as inxustizas dos desalmados. O falar das poetas, das fadas, das lembranzas, das utopías e das afoutezas inquebrantables. E si, el sempre estivo alí entre brosas e fouciños, entre foitos e aloumiños, entre berros e castigos. Tapade as orellas xentes hostís e fuxide tan lonxe como poidades pois de medos vivos e trabadas doentes latexa a súa xigante existencia.
Escoitade pois, queridas e queridos, o estraño falar dun monstro da aldea.
Todas as cancións escritas por V. Neira e aqueladas, tocadas e arranxadas por RUXE-RUXE. Gravadas, mesturadas, e masterizadas por Kaki Arkarazo nos Gárate Studios en Andoain (Gipuzkoa, Euskadi) no mes de novembro de 2019. A produción executiva é de Nicolás Devesa e Lobicán Records. A pre-produción do disco fíxose en Aríns con Iván Bernárdez e María B. Domínguez deunos os sempre imprescindibles consellos lingüísticos. As fotos son de Isidro Cea e o deseño gráfico das defuntas AK (arinspunk.com).
Todo o management de RUXE-RUXE é de LUNEDA PRODUCIÓNS: luneda.gal / info@luneda.gal / 646165044