O 25 de marzo será un día ben importante e especial para nós. Será o momento de compartir con vós, sacarlle o embalaxe e ensinarvos o proxecto no que levamos traballando con toda a nosa ilusión os últimos dous anos. Desta volta vimos cargados de cambios, doutra forma de entendernos e entender a nosa música, de novas cancións en forma de churumelas e de enerxías máis positivas e molonas ca nunca. Que non nos falte a vosa compañía e o voso amor na Sala Capitol Prometémosvos “unha noite no interior dunha faísca”… É moita promesa esta
Brian Brody abrindo o concerto!
entradas en woutick e en nada tamén no BarTolo PunkRock.
produce Luneda Producións