25 castañas, 25 primaveras, 25 anos. Chamádelle como queirades pero aí están todos eles, uns xunto aos outros, nunha mochila de viaxe infinito e aventura constante e ininterrompida dende a nosa vella corte de vacas na aldea de Aríns. 25 de amizade fermosa e mundos compartidos que, segundo como se miren, pasaron moi rápido ou moi paseniño pero nunca con ganas de que terminen. Foron 25 e acaba de empezar, ou igual estamos nese ecuador labiríntico do que xa nunca sairemos nin queiramos saír.

Para vós todos os agradecementos do mundo por soportarnos, por darlle ao play de vez en cando ou por tervos achegado por algún concerto a tomarlle un tróspiro con nós. 😊

Deixar unha resposta

*